A chilena ou tiro de costas é unha técnica do fútbol que consiste nun salto de costas realizando un movemento de xiro coas pernas para golpear o balón no aire cara a atrás por riba do nivel da cabeza, sen apoiarse no chan. Na maioría de linguas esta manobra recibe o seu nome en base ó movemento que se asemella ó dun ciclista ou ó dunha tesoira. A súa complexidade e o feito de que sexa pouco común nos partidos competitivos de fútbol converteuno nunha das habilidades con máis sona do fútbol. A chilena pode usarse en defensa para despexar o balón da área de portería ou en ataque para disparar cara á portería do equipo contrario tentando marcar un gol. É unha técnica avanzada do fútbol que pode resultar perigosa para xogadores con pouca experiencia. O éxito desta técnica no fútbol profesional está habitualmente limitado ós xogadores máis experimentados e cunha maior capacidade atlética.
A técnica inventouse en América do Sur, probablemente a finais do século XIX, durante o período inicial do desenvolvemento do fútbol. As innovacións como a chilena foron o resultado de adaptacións locais ó estilo de fútbol introducido por inmigrantes británicos. A tradición popular no fútbol presenta varias lendas nos posibles orixes da chilena, e os arquivos de xornais de comezos do século XX evidencian unha historia complexa e multinacional da invención, nome e difusión da chilena. A controversia existente sobre a invención e nome desta técnica no Brasil, en Chile e no Perú, así como o seu status como elemento da notable rivalidade futbolística entre estes dous últimos, aumentaron a popularidade desta técnica na cultura popular.
A Wikipedia é unha enciclopedia universal en liña multilingüe, colaborativa e gratuíta. O propósito da Wikipedia é fornecer un contido libre, obxectivo e verificable que todas as persoas poidan editar e mellorar.
O proxecto está baseado en cinco principios básicos, todo o contido está dispoñible baixo a licenza Creative Commons BY-SA e pode ser copiado e reutilizado baixo esta mesma licenza.
De acordo coas nosas estatísticas, temos un total de 158 828 contas de usuario rexistradas na Galipedia, e entre elas 491 estiveron activas durante o último mes. Todas as persoas que editan a Galipedia son voluntarias, integrando unha comunidade colaborativa e coordinando os esforzos por medio de proxectos temáticos e diversos espazos de conversa.